Saturday 11 de May de 2024

Cen vehículos participan no Rallye Rías Altas de vehículos históricos, que fará parada na Coruña


Os participantes contarán cun parque pechado na praza de María Pita desde este venres

Este venres e sábado, 29 e 30 de setembro, celébrase na Coruña unha nova edición do Rallye Rías Altas de vehículos históricos. O Concello da Coruña colabora coa organización desta proba, que partirá desde a praza de María Pita.

Nesta edición está prevista a participación de case cen vehículos e 250 persoas. O programa do rallye comezará ás 9.00 horas deste sábado, coas verificacións técnicas aos vehículos que se farán nun punto móbil habilitado no Parrote. Desde alí, os participantes desprazaranse a María Pita, onde estará o parque pechado desde onde partirán os coches á súa primeira etapa, en Betanzos.

O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, presidirán a saída da proba desde a praza, que se producirá ás 16.00 horas. O rallye percorrerá diferentes municipios da área coruñesa durante o venres e o sábado e un total de 52 quilómetros.

O sábado está prevista a finalización da competición para as 15.00 horas, cando chegaría o primeiro vehículo á praza de María Pita. A entrega de trofeos, na que participarán Gonzalo Catro e Manuel Vázquez, será ás 16.00 horas. O Goberno de Inés Rey aposta por eventos deportivos singulares como este Rallye Rías Altas, que naceu no ano 2015 e é puntuable para o Campionato de España de Rallyes de Vehículos Históricos.